
Esta tarde ás 20 hrs na sala de arte da estación de ferrocarril de Vigo terá lugar a inauguración da IV edición da Feira Alterarte 08. Na feira participan os artistas da asociación que un ano máis nos presentarán as súas últimas creacións. A feira estará aberta en horario de 16:30 a 21:30 de luns a venres e de 12:00 a 21:30 nas fins de semana dende o xoves 18 de decembro ao luns 5 de xaneiro.
Nesta IV Edición de alterarte participarán os seguintes artistas da asociación:
Agra, Áurea Pousa, Berta Saball, Chelo Rodríguez, Carmen Pernas, Carmen Balbuena, Kristina Sabaité, Ilhuicamina, Jorreto, José Veiga, Maica Alonso, María Ponce, Marisa Miguélez, Nuria Vilanova, Pascualsanz, R. Priegue e Tania Ulloa. De todos ele atoparedes cumprida información no apartado de Artistas da nosa páxina web.
Esperámosvos a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario